Rematando o primeiro proxecto do curso
Imos rematando o proxecto sobre os peixes, pero non deixaremos o mundo mariño ( ainda queda moito por descubrir do mar e do que supon para o noso pobo).
Estamos a darlle un último empurrón, repasando o que aprendemos e preparando a portada do proxecto. Nestes días as actividades plásticas están moi presentes. Hoxe tocou poñerlle escamas ao peixe e eran moi fráxiles, pois estaban feitas con follas secas. Que delicadeza e concentración. Parabéns
Comentarios
Publicar un comentario