Festival de Nadal ou de inverno

Rematamos o trimestre cunha apertura de portas ás familias: O festival de Nadal, ainda que respectando todas as creencias debería decir de inverno. Xa fai moitos séculos  que se celebra o solsticio de inverno, o principio dos meses do frio. Sacrificábanse os animais porque non  había con que alimentalos e celebrábanse festas onde comían xuntos todos os veciños. En todas as culturas hai celebracions nestas datas, e no noso cole seguimos a tradición de xuntarnos a cantar ainda que xa non este de moda. Sexan panxoliñas ou outras cancions. Na nosa aula os nenos decidiron que querian unha en galego porque lle gusta a profe, e xa sabedes que o que decimos as mestras nestas idades é verdade universal😂.
Como o proxecto era de peixes e a cancion que máis lle gusta e No mar hai moitos peixes, pois para adiante con ela. E para bailar todos O Baby sarck, con esto contenta a teacher Bea.
Pasámolo moi ben ,dérono todo no escenario e recordade que teñen catro anos e é moi dificil subir a un escenario.
Sinto que non todas as familias poideran estar, pero agradezco que viñerades. Agradezo tamén a axuda da miña filla Noelia coas máscaras de peixes, diseñounas e fixoas, eso si os pequechos puxerón as súas críticas  cando as estabamos a diseñar. Son unicos. Felices festas a todos.






Comentarios

Publicacións populares