Experimentar co paso do tempo
Xa pasou novembro cos días de choiva e humidade. Démolle volta a todas as semanas do calendario Wardolf e entra o mes de decembro ou de Nadal. Hai que ir cambiando a mesa da estación e observar que pasou cos froitos secos que tiñamos nela. Vimos que estaban máis secos e algunha landra abriu. As avelas, as noces e as amendoas non cambiaron nada, pero as castañas parecían máis lixeiras.
A nosa fada estaba sentada nun bote de cristal no que metéramos as mellores castañas que tiñamos a ver se así estaban mellor. Hoxe observamos o que pasou ao cabo de dous meses. Miramos e cheiramos.
A nosa fada estaba sentada nun bote de cristal no que metéramos as mellores castañas que tiñamos a ver se así estaban mellor. Hoxe observamos o que pasou ao cabo de dous meses. Miramos e cheiramos.
Sorprenderíavos o cheiro a alcohol....Aos nenos non lle disgustaba pero custiulle identificalo. Tiña un aire a terra, pero recordaba ao cheiro dunha bodega cando está a fermentar o viño e Teo dixo claramente que cheiraba a viño. Da gusto ver como achegan o seu nariz sen poñer cara de noxo aspirando con forza para poder apreciar e explicar.








Comentarios
Publicar un comentario