Día internacional da discapacidade

Este martes celebrouse o día internacional da discapacidade. Para achegar ese concepto aos nenos sen que o vexan con connotacions negativas fixemos actividades que os puxesen na pel dunha persoa con algunha discapacidade,   que viran as limitacions que tiñan e como superaban as dificultades cada día, uns superheroes preto de nos.
Unha das actividades foi perder algún dos sentidos, o máis sinxelo foi a vision. Unha bufanda nos ollos incapacitanos para movernos, para ver as cores..... miramos coas mans un libro precioso: El libro negro de los colores . Unha história que narra a maneira de ver as cores que ten Tomás un neno con discapacidade visual.
Os nenos e os mestres que estivemos na aula pasamos por esa actividade. Tamén traballamos o sentido do tacto con xogos de ordenación de pesos, xogos de recoñecemento de formas coas mans, adiviñar uha grafía co tacto....
Tamén vimos as dificultades de comunicarnos sen voz e de movernos pola aula nunha cadeira con rodas. Aprendemos que poñerse na pel de outros fainos ver o mundo con outra mirada.























Comentarios

Publicacións populares