Taller de xogos tradicionais na EEI da Pastora
A coordinadora de actividades extraescolares e a coordinadora de EDLG, a profe Laura e a profe Andrea organizaron unha xornada de xogos tradicionais. Durante toda a semana tivemos os xogos a nosa disposición e o xoves tivemos un taller internivel. Fixemos equipos mixtos que xogamos en catro espazos. Os xogos eran de habilidade, lanzamento , equilibrio....e en cada espazo había duas mestras que nos explicaban as reglas dos xogos. Son xogos non sexistas e que respectan a individualidade de cada neno. Con madeira e materiais comúns en calquer fogar antigo creabanse xogos cos que se pode divertir toda a familia.
Comentarios
Publicar un comentario