P.E.L.O. Coa profe Laura
En algún post expliqueivos que os luns facemos un desdobre da clase e a metade dos nenos vanse coa profe Laura ao programa de estimulación da linguaxe oral. Ademais de correxir e reeducar a nenos con problemas de pronuncia ( dislalias), de traballar cos nenos con problemas na linguaxe, traballa na prevención de dificultades coa linguaxe oral.
Ir a sua aula sempre é divertido, pero nunca podo mostrarvos o que fan. Pedinlle que sacara fotos da sesión deste luns, onde fixeron unha carreira de bolas de algodón. O obxectivo era controlar a respiración e entrenar os músculos que participan na fala para mellorar o control da voz. Mellorar as articulacións dos fonemas e a pronunciación. Que ben o pasaron. Aquí quedan fotos.
Recordade que se vos enviou desde o équipo de orientación un triptico con recomendacións para seguir na casa e evitar problemas futuros. Nas escolas de infantil como a nosa temos un especialista en audición e linguaxe, pero cando van a primaria moitas veces é compartido ou solo se ocupa de nenos con moitos problemas polo que se ten que asistir a sesións en gabinetes privados, así que a prevención é moi importante.
Comentarios
Publicar un comentario