E seguimos a contar
Para afianzar os números traballados, tanto o concepto como a grafía, seguimos a facer actividades todos os días. Está semana compuxemos o 5 e traballamos a serie numérica. Hai nenos que ainda non recoñecen as grafías nin son quen de facer un bo contaxe, por eso seguiremos con actividades motivadoras e materiais diferentes. A todas as familias que están preocupadas por o avance dos seus fillos recordarlle que cada un de nos temos un ritmo de aprendizaxe e é moi importante respectalo e darlle confianza en si mesmos, traballando a autoestima. Sementando para o futuro.
Comentarios
Publicar un comentario