Día contra a violencia de xénero

Dentro dos contidos a traballar na escola está a educación na igualdade e no respecto ós outros. Desde a Consellería cada ano marcanse Conmemoracións de obligada celebración, e unha delas é o día contra a violencia de xénero. Como actividade de centro desde o equipo de ciclo plantexan unha actividade de concienciación: lectura de contos e preparar na fachada  do centro un gran NON, representado con mans violetas e unha porta da mesma cor. Está semana estivemos a preparar os materiais que imos precisar para o luns. Pedimos as familias concienciacion na educación do noso alumnado na igualdade e o respecto, e eso faise co noso exemplo no día a día. Nas nosas mans está cambiar o futuro das novas xeneracions e acabar con esta lacra.









Comentarios

Publicacións populares