Outra sesión coa mesa de luz

 Comeza a semana con unha nova sesión coa mesa de luz. En pequeno grupo podemos desfrutar da calma e das sensacións do xogo coa luz e hoxe co movemento.

 
 Nesta primeira foto estamos a traballar con elementos do outono: avelás, castañas pilongas e piñas pequenas. Non as viran antes de prender a luz na mesa e custoulles recoñecelas: as piñas eran ourizos, e os froitos secos non foron quen de saber cales eran. Na mesa do outono xa levan uns días.
Cando prendemos a luz da aula a sorpresa foi moi grande. 


A seguinte proposta foi con vasos de plástico de cores traslucidos e pelotas de goma eva. Tiñan que mover os elementos intentando controlar o impulso de lanzar . Tamén nun momento pideuse que non apilasen os vasos. quedan fotos, que por  mor da escuridade non teñen a calidade que me gustaría.




Aquí quedan tamén dous videos

 




Comentarios

Publicacións populares