O paso do tempo

 Noutro post faleivos do calendario permanente  de Fizz, agora quero amosar como quedou o rincón da medida do tempo.  Coa chegada de outubro démolle volta ao tempo que pasou cando estabamos de vacacións: xuño , xullo e parte de setembro e apareceu a estación pasada (o verán). Colocamos todos os días que pode ter o mes ordeando por cores , que clasificamos na asamblea: Luns  é morado, martes é vermello , mercores amarelo e así con todos os días. Outubro comezou nun martes e o pivote que puxemos foi vermello , o mercores puxemos outro pivote  e así cada día iremos vendo como se enchen as semanas atá pasar o mes.

 

Tamén temos os botes do tempo atmósférico: solleiro. nubrado, moi nubrado, chuvioso, treboento; nos que cada día meteremos un pompón seleccionando o tempo que fai para ao final do mes contar cantos días fixo de cada e reflexalo nunha ficha.

Se vos fixades no lado dereito hai dous cordóns con bolas que representan as semanas. coas bolas da cor de cada día, outra forma de visualizar o paso do tempo.



Comentarios

Publicacións populares