Mellorando a motricidade fina co millo

Os elementos naturais e as actividades cotías axudan a mellorar a nosa motricidade fina. Se lle damos oportunidades aos nosos cativos non teremos que estar a forzar actividades para mellorala. O estilo de vida actual límita o uso das mans como ferramenta, pero podemos ofertarlles actividades que sexan novedosas e divertidas. Debullar millo é unha das que podemos facer, pero os chícharos, as fabas...son moi boas opcións.
Co gallo da exposición de froitos de outono apareceu a mazorca de millo, sen carocha. Gracias a Fani a nai de Valeria, vimos a mazorca como está na planta. Cuberta e protexida, coas follas é a barba, cheiraba a terra e estaba húmeda. A teacher trouxonos unha bolsa de millo seco para poder debullar.
Pelexamos por ir a ese recanto.











Comentarios

Publicacións populares