Martín voltou a ribeira
Martín foi de novo a ribeira do mar, esta vez para coller cangrexos. Según nos contou atou nun fio un anaco de pan e nunha poza tentou coller cangrexos. Parece que eso non funcionou ou os cangrexos eran máis listos ca el. Ao final as mans foron a arte de pesca escollida, o que non nos quedou moi claro é de quen eran as mans. Trouxo sete cangrexos, pequenos e pequerrechiños. O máis grande era moi bravo , pois se o tocamos defendiase coas pinzas. Fixemos un debuxo e quedaron moi chulos.
Comentarios
Publicar un comentario