instrumentos de medida
Hoxe apareceron na asamblea catro obxectos que non coñecían os nenos. Manipulando e reflexionando chegaron a descubrir a súa funcionalidade.

As primeiras ideas foron : anel, chaveiro, xoguete, para ver números. Atá que escomenzamos a despregar...
A escaleira: para subir, para baixar, para ir ao faio. para ir ao "desván", para subir arriba. O de baixar custou un pouco máis, parece ser que para baixar deben usar outros elementos.
Atá que logramos estirar de todo un deles e xa se definiu o uso: Para medir como o de papá. Ao parecer as mamás non miden, xa veredes cando apareza a balanza de cociña...
Nun principio non parecian todos iguais, o concepto máis largo ou máis curto apareceu.
Logo descubrimos que era que algunha parte non se despregara.
Buscamos na clase algo parecido a esto, atopámolo pero non sabiamos como se chamaba. os nenos maiores sempre son un bo recurso é non fallaron. os encargados foron onda eles e chegaron coa soloución: regra. E logo o metro de madeira que puxo a mestra e do que coñecían o nome, sempre sorprendendo.
Agora a usalos en diferentes momentos, xa iremos experimentando.
Comentarios
Publicar un comentario