O Viereck

Este verán nunha visita a Pontevedra descubrín unha tenda de xoguetes educativos que me namorou. Unha das compras foi o quebracabezas de cadrado  de Wardolf ou  VIERECK. As suas características son ser de madeira, traballar a gama de cores, e poder crear en plano ou 3D.
Pódese traballar como material de creatividade libre xunto cos materiais que xa temos de granpat ou máis dirixido para traballar conceptos matemáticos ( cadrado e rectángulo, cubo...). Tamén podense seguir as figuras que veñen nun libro complementario e traballar a visión espacial e a atención.

Hoxe tocou crear cadrados. As posibilidades son moitas e os nenos e nenas unha vez máis sorprenderonme. Ver as súas ideas nas fotos.






















Comentarios

Publicacións populares