Unha volta de rosca na ordenación


Un dos materiais máis versatiles na  aprendizaxe da lóxica matemática son os policubos. Sirven para traballar aritmétrica, xeometría, lóxica... e como non a motricidade fina a creatividade. Sirve para diferentes etapas educativas e con os adultos podense facer actividades moi divertidas. Son uns cubos de moitos colorines, usualmente de un cm de lado, ainda que no mercado podense atopar de diferentes tamaños. Encaixann entre si por uns pivotes.
Hoxe o xogo consistía en dado un conxunto de policubos  encaixados por cantidade do un atá o sete , “ordealos”. Recordade de outros post que eso é un concepto matemático.
Cando comezamos,  poñer bonito, recollido en ringleira eran as opcións máis sinxelas que escollían os nenos, pero a profe hoxe quería facer matemáticas, así que concentración, discusión, debate e chegar a acordos. A ver si así quedaba contenta.
Démolle unha volta máis e tivemos que crear que viña despois. Ou cantos faltaban para que a seguinte columna tivera un máis.







Comentarios

Publicacións populares