As series numéricas
Contar......e algo que desde ben pequenos facemos cos nosos nenos. As escaleiras, os euros, os dedos eas dedas. Pero contar non é o mesmo que facer unha serie numérica. A ver si non me complico: serie e unha sucesión ordenada de elementos que gardan un vínculo entre eles. Exemplo ringleira de alumnado, no que van un moreno, un loiro, un moreno ..... Unha serie numérica e unha sucesión de números que ten un vínculo. Mirade que xa falo de número, non de cantidade, nin de grafía. O número como concepto que se escribe cunha grafía casi universal. Imos comezar coa serie numérica máis sinxela, que é “ un máis”, para entendernos, 1,2,3,4.....e así atá o infinito. Parece fácil, pero levamos meses asentando conceptos ou pré-requisitos para lograr esto. E algúns teremos que reforzar conceptos.
Creamos unha serie do cero ata o nove con baldosas de goma eva. Xogando buscamos o número que era un máis. E logo saltamos atá o número que decía a profe Dolo e mirabamos quen iba diante e quen detrás. Se pecharamos os ollos teriamos que adiviñar como se chamaban, pero eso será máis adiante.

Comentarios
Publicar un comentario