Aceite e auga
Hoxe volta,os facer un experimento, son tan divertidos. A intención era gozar coa experiencia, porén tamén buscamos aprender algo.
O primeiro que non todos os líquidos ainda que se asemellen non teñen as mesmas características. Auga e aceite corporal. Nin no tacto nin olfativamente son iguais. Esto quedounos claro. Para diferencialos tinximos a auga coas cores básicas. E logo creamos as secundarias a partires das primarias, como repaso do aprendido.
O xogo consistía en coller coa pipeta a mínima cantidade que poideramos e poñer pinguiñas enriba do plato con aceite e observar.
Como os adultos sabemos o aceite é auga non se misturan por a diferencia de densidade. Bueno eso é o que imos aprender polo de agora. Cando vaiamos a estudar física e química no bacharelato falaremos da polaridade. Esa propiedade das moléculas que teñen átomos con cargas electricas ou magneticas diferentes. En sinxelo a auga comportase como un imán, o aceite non. As moleculas de auga tenden a xuntarse entres si, non coas de aceite.
Comentarios
Publicar un comentario