A nosa familia

Un dos contidos a traballar na E. I. é a familia. Fai uns anos era máis doado ese concepto, pero nos tempos que vivimos hai unha morea de familias  diferentes que temos que respectar. Achegar esa diversidade aos nenos é máis fácil co xogo e a manipulación.
Duas familias de xoguete tradicionais foi a proposta, a verdade é que precisabamos máis, pero non as tiñamos.
As dificultades que nos atopamos foi non ser quen de conformarnos con que a familia era quen vive con nos na casa.
Apareceron as relacións de parentesco máis básicas: pai, nai, irmá, irmán, avo e avoa.
Pero outras entraron no debate: tío, tía, curmán, madriña, padriño....
Nos proximos días faremos máis xogos.





Comentarios

Publicacións populares