Subimos ao monte da Pastora
Que aventura subir á Pastora. Foi a primeira saida para percorrer a nosa contorna. Logo de ver as árbores do patio, fumos descubrir o monte.
Coas mestras vivimos unha aventura, na procura de mundos máxicos. Tuneles que cambiaban a quen pasaba por eles, a casa da bruxa Maruxa. Chamadas que non esperabamos, a bruxa Maruxa que non estaba na casa iba no mercado mercar pechugas.
E logo apertas a árbore máis vella da Pastora, unha sobreira onde vive Pimpin o páxaro máis pequeno do mundo. Para rematar subimos ao mirador que no noso maxín era un barco de pedra desde onde se vía todo o mundo, atá a piscina da profe Dolo e o tellado do cole.
Viva a imaxinación.

Comentarios
Publicar un comentario