Os maios

Seguindo a tradición creamos un Maio. É dificil precisar de onde ben, pero buscando  Beltane de orixe celta é unha das posibles orixes desta tradicíón. A festa da chegada do verán, a festa da floración, o remate da plantación...Nada que ver coa festa do 1º De maio. Arredor dunha árbore cantabase ....actualmente cantamos e criticamos o que pasou no ano arredor dunha figura similar. Antes terminaban queimandoa. Non coñezo ningún lugar onde se faga, único se esperamos ao San Xoan.
Na aula quitamos o rabo aos pampullos e logo fixemos colares con eles. De eso non hai fotos pois a mestra non nos quitaba ollo.
No patio A teacher Bea, Hope, A profe María José, a orientadora Silvía e Isa, coas xestas, o fiuncho, as frores e demais adubios que aportaron as familias montaron un maio. Fomos ver como o facían e coma os nosos ancestros rodeamos unha árbore para agradecer a floración que nos dará alimentos.















Comentarios

Publicacións populares