Día das letras galegas

Hoxe estase a celebrar o día das letras galegas e saen novas nos xornais que fan ver nubes negras no futuro da nosa lingua materna. Hai institutos nos que non hai nigún galego falante. Desde este blog que amosa a nosa aula pídovos que non deixedes de usar cos cativos o galego, é a única maneira de non perder a nosa identidade.
Deixo unha foto miña de cando era unha pícara en agradecemento a quen me agarimou e me falou en galego.



E unha frase do ilustre Castelao, que plasma os meus sentimentos.




FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019

Comentarios

Publicacións populares