Xogo de atención
Brazolinda ten un xogo que me encanta, e os peques xa están preparados para usalo. Chamase O AGASALLO, nos imos xogar con dous ou tres dados. Os dados teñen seis cores, unha en cada cara, logo temos pezas cadradas con debuxos de cores. En cada peza podemos atopar unha, douas ou tres cores. Lanzamos os dados e temos que atopar a peza que ten esas cores. Hai que estar moi atentos, pois ademáis de buscar a peza temos que recordar se esa combinación de cores xa saíu e a ten un compañeiro. O xogo podese complicar máis porén para nos xa é de abondo.
Comentarios
Publicar un comentario