rematou o trimestre

E rematamos o segundo trimestre, que durou ben os tres meses. Empezamos no inverno e rematamos na primavera, observando cada día os diferentes cambios que se producían ao noso arredor. Celebramos a Paz, o entroido, a semana da prensa. Fixemos  talleres interniveis: botellas da calma, alimentación saudable, onde traballamos sensacións e emocións.
Achegamonos a lóxica matemática, coa igualación, a ordenación , a clasificación. Comenzamos cos números, recoñecemento e comparación  de cantidades, conteo, primeiros iconos dos números, composición do número .
Achegamonos a xeometría e a topografía coa robótica e con xogos.
Empezamos a recoñecer o nome dos amigos, a compoñer o noso, e coas primeiras grafías que nun primeiro momento fixemos na area , con pedriñas e agora comenzamos co trazo en pápel.
Iniciámonos nas novas tecnoloxías con apps educativas na tablet ou na pizarra dixital e xogando con Beebot e Bluebot.
Fumos en autobús a unha obra de teatro, a nosa primeira saída coas mestras.
 E como non, xogamos e divertímonos coa psicomotricidade, a danza e a música co teacher Bea, con Hope e con Andrea desenvolvendo integralmente o coñecemento do noso corpo a través do movemento e a voz.
Un trimestre completo no que demos un gran salto: agora xa imos ao cole a aprender (xogando), coñecemos as rutinas de aula e as normas que a rixen, polo que é máis doado para todos entender o que vimos facer.
Estou moi contenta como mestra do feito e vivido nestes tres meses. Agora un último empurrón e xa estamos no mes de maio e xuño.









Moitos recordos que podedes ver nas outras entradas e aquí en pequenos video resumen.












Comentarios

Publicacións populares