Experimentamos coas cores

 Empezamos con experimentos sinxelos que nos permiten achegarnos ao mundo da física e a química e as propiedades da materia.
Como estamos a facer mesturas das cores primarias para obter as secundarias, fixemos un experimento sorprendente con materiais que temos nas nosas casas. Leite enteira, leite sen tona, colorantes e xabrón para lavar louza. Xogamos cunha das propiedades máis interesantes da auga, a tensión superficial. Poño un video de YouTube pois os nosos non están tan ben grabados. Pero van un par de fotos, para que vexades que é Moi divertido. Probadeo na casa.








Comentarios

Publicacións populares