E aparece o tres

Xa en outras entradas vos falei da introducción dos números e o seu concepto, a súa nominación...e hoxe vouvos falar do icono.
Seguro que moitos de vos na escola estudiáchedes os números romanos que non se parece en nada os números que usamos na actualidade. Eses son os iconos dos números, pero non os números en si. O concepto de número é moito máis complexo, abarca un concepto de cantidade e unha abstracción desa cantidade a que logo nominamos cunha palabra e identificamos cun icono.
A ver, sabemos que hai un e un e un obxecto, decidimos chamarlle tres e representalo coa grafía 3. Poderíamos chamalo three e representalo III.
QUE DIFÍCIL PARA OS CATIVOS. 
Así que iremos amodiño afianzando o aprendido.
Estes días apareceu o TRES.









Comentarios

Publicacións populares