A mamá de Greta ensinounos papiroflexia

O mercores, Mirian a nai de Greta visitounos cun libro  e moita ilusión. O libro era de cando ela estaba na escola e mercouño sua nai. "Papiroflexia nueva y fácil" era o título. Nas primeiras páxinas viña como facer un barquiño de pápel. E con toda a súa paciencia comezamos o taller.



Precisábamos solo follas de papel e seguir as instruccións. Esquina con esquina foron aparecendo cadrados, triángulos, rectángulos.... E logo ventanas, e que sorpresa un sombreiro. Para ao final ter un barquiño ao que lle puxemos nome.












Comentarios

Publicacións populares