Fada do inverno

O inverno sigue acompañandonos coas mañáns con xeadas, pero o sol do mediodía xa nos permite xogar na area e gozar dos xogos de patio. Parece que a fada do inverno cansouse da neve e a choiva e fixo un feitizo para que as nubes marcharan por uns días.




Ainda non lemos ningún conto de fadas, pero os contos clásicos aparecerán na aula para ensinarnos a gozar dun vocabulario rico, a desenrolar a fantasía e a imaxinación. Falo dos contos clásicos de Grim e non das adaptacións que se fixeron no século XX. Moitos deles teñen valores non actuais, pero escollendo ben ainda podemos sacar moito proveito deestes clásicos da literatura.

Non privemos aos nenos dun bo conto de fadas.

Comentarios

Publicacións populares