Xeoda

Hoxe chegou a aula verde un tesouro: Unha xeoda. A mestra explicounos que o pai do inverno convertía todo en xeo e que por onde pasaba aparecía a xeada. Unha historia que ven dos paises do norte de Europa onde a neve está presente todo o inverno.
Pero tamén nos contou un conto onde ese home convertía as pedras en cristais. Máis adiante aprenderemos a formación dos minerais, pero un pouco de maxía ven ben de cando en vez. As xeodas son parte desa maxía, unha pedra “fea” por fora que atesoura no seu interior a beleza dos cristais .
Tocámola por dentro e por fora e percibimos diferentes texturas e temperaturas.
Percibir a traves do tacto e divertido, e así o amosan as fotos.
Momentos máxicos.







Comentarios

Publicacións populares